Bolsas e prácticas profesionais
Institucións e Organismos da Unión Europea
O Banco Central Europeo ofrece a posibilidade de realizar prácticas na súa sede a estudantes que teñan como mínimo a licenciatura, e ata o nivel de doutoramento. Teñen preferencia os estudantes pertencentes ás seguintes áreas: económicas, administración de empresas, estatística, dereito, recursos humanos e tradución.
Requisitos
  • Ter máis de 18 anos e ter coñecementos avanzados de inglés e doutro idioma oficial da UE.
  • Ser cidadán dun dos países da UE ou dun dos países candidatos.
  • Ser como mínimo licenciado e ter unha experiencia profesional dun máximo de 12 meses, ademais dun máximo de 6 meses de prácticas.
  • Non ter sido becario ou traballado anteriormente no BCE.
Lugar
Frankfurt.
Prazos de solicitude
O prazo para solicitar estas prácticas está aberto todo o ano, pero periodicamente publícase unha listaxe dos postos vacantes.

A primeira entrevista é telefónica.
Proceso de selección
Duración e contía
A duración nunha primeira instancia é de entre 3 e 6 meses prorrogable ata 12 meses. O importe varía segundo as tarefas a desenvolver, sendo por regra xeral de 1,050 euros ao mes, e de 1900 euros no caso dos becarios que teñan completados dous anos de doutoramento e que tiveran solicitado unha vacante que así o requerise.
Ultima actualización: 15-10-2020
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir