A
Comisión Europea concede cada ano, en dous períodos de cinco meses, máis de
1.000 bolsas de prácticas.
As estadías abordan eidos tan variados como
economía, xornalismo, ciencias políticas, dereito, tradución, etc. e os
bolseiros farán tarefas moi similares ás realizadas polos funcionarios das
institucións comunitarias.
Requisitos
- Titulado universitario.
- Acreditar un bo coñecemento dalgunha das linguas de
traballo comunitarias (inglés, francés ou alemán) ademais da materna.
- Non ter realizado outro período de prácticas nunha
institución comunitaria (remunerado ou non) superior a 6 semanas.
Lugar
Direccións
Xerais da Comisión: Bruxelas ou
Luxemburgo.
Prazos de solicitude
- Para realizar prácticas de marzo a xullo, a solicitude
remitirase entre o 16 de xullo e o 31 de agosto do ano anterior.
- Para as prácticas de outubro a febreiro enviaranse as
candidaturas durante o mes de xaneiro.
Proceso de selección
Cómpre
estar moi atento ás datas de recepción da documentación para os períodos de
prácticas, xa que poden variar; e á publicación do Libro Azul, a lista virtual onde se recollen todos os candidatos
preseleccionados.
Máis
información en: http://ec.europa.eu/stages/
Duración e contía
A
duración destas bolsas será dun máximo de 5 meses, cunha remuneración de 1,176.83€ en relación ao custo de vida.