Bolsas e prácticas profesionais
Institucións e Organismos da Unión Europea
O Comité das Rexións ofrece dúas veces ao ano períodos de prácticas remunerados de cinco meses a titulados universitarios. 
O CdR tamén ofrece a posibilidade de realizar visitas de estudos, non remuneradas, cunha duración de entre un e catro meses.
Requisitos
  • Titulado universitario.
  • Ser nacional dun Estado membro da UE ou dun Estado candidato oficial para a adhesión.
  • Acreditar un bo coñecemento dalgunha das linguas de traballo comunitarias (Inglés ou francés) ademais da materna.
  • Non ter realizado outro período de prácticas nunha institución comunitaria superior a 8 semanas.
Lugar
Bruxelas.
Prazos de solicitude
Sesión de primavera: 16 de febreiro ao 15 de xullo.
Período de solicitude: 1 de abril ao 30 de septembro (medianoit, Brussels time) do ano anterior.
Pre-selección e entrevistas: Novembro.
Selección: Decembro.
           
Sesión de outono: 16 de setembro ata o 15 de febreiro.
Período de solicitude: 1 de outubro ao 31 de marzo (medianoite, Bruxelas) do mesmo ano.
Pre-selección e entrevista: Maio.
Selección: Xuño.
Proceso de selección
Duración e contía
A duración destas bolsas será de 5 meses, cunha remuneración segundo a dispoñibilidade orzamentaria.

As visitas de estudos pódense solicitar en calquera época do ano e por iniciativa propia.
Ultima actualización: 15-10-2020
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir