O
Comité Económico e Social ofrece dúas veces por ano períodos de prácticas
remuneradas de cinco meses a titulados universitarios. Ademais, o CES ofrece
a posibilidade de realizar visitas de estudos, non remuneradas, cunha
duración máxima de tres meses.
Requisitos
- Titulado universitario.
- Acreditar un bo coñecemento dalgunha das linguas de
traballo comunitarias ademais da materna.
- Non ter realizado outro período de prácticas nunha
institución comunitaria.
- Coñecemento acreditado dalgún dos eidos de traballo do
CES.
Lugar
Bruxelas.
Prazos de solicitude
Para a sesión de outono, o prazo de solicitude é entre o 3 de xaneiro e o 31 de marzo.
Para a sesión de primavera, o prazo de solicitude é entre o 1 de xullo ata o 30 de setembro (a partir do ano seguinte).
Proceso de selección
Duración e contía
A
duración destas bolsas será dun máximo de 5 meses, cunha remuneración de aproximadamente 1.190 € ao mes.