Requisitos
- A inscrición
poderase realizar a partir dos 17 anos, pero até o cumprimento dos 18 non se
poderá participar en ningún proxecto. A idade máxima é de 30 anos.
- Deberase ter
nacionalidade ou residencia legal nun dos Estados membros da Unión europea ou
dalgún dos seguintes países: Islandia, Liechtenstein, Noruega, Turquía ou
Macedonia.
- Aceptar os
obxectivos e principios do Corpo Europeo de Solidariedade e compartir os seus
valores.
O
cumprimento dos anteriores requisitos permite a participación no Corpo Europeo
de Solidariedade, sen prexuízo de que cada proxecto poña cadanseus
requirimentos.
Postos
O Corpo
Europeo de Solidariedade ten dúas vertentes complementarias: actividades de
voluntariado e actividades ocupacionais. A primeira baséase no Servizo Voluntario Europeo que forma
parte do programa Erasmus+. A vertente
ocupacional ofrece a oportunidade de traballar, realizar prácticas ou
formarse en actividades que requiren de persoas mozas, motivadas e mentalizadas
sobre temas sociais. Esta vertente irase introducindo pouco a pouco.
Os proxectos
abarcan toda clase de temas, mais todos se inspiran nos obxectivos e principios
do Corpo Europeo de Solidariedade. Algúns exemplos de accións a desenvolver
poderán ser:
- Axudar
a reconstruír unha escola ou centro social derrubado.
- Rozar
un bosque para evitar incendios.
- Dar
asistencia a solicitantes de asilo recentemente chegados.
- Traballar
con persoas discapacitadas en centros sociais.
Non
obstante, recórdase aos participantes que nunca actuarán na resposta inmediata
ante unha catástrofe, xa que para iso están os corpos especializados. A listaxe
de proxectos poderase consultar na web.
Lugar
Polo xeral, os proxectos han de desenvolverse dentro
dos Estados membros da Unión Europea.
Prazos de solicitude
O
Corpo Europeo de Solidariedade é unha iniciativa nova, polo que hai moitas organizacións que aínda están na fase de elaboración de propostas de proxectos. Até
finais da primavera de 2017 non se comezou a a admitir participantes,
que se incorporarían a partir de xuño do mesmo ano.
A
Comisión Europea anunciará convocatorias de propostas para distintos tipos de
proxectos do Corpo Europeo de Solidariedade e difundirá a información pertinente a través das redes sociais e do correo
electrónico.
No portal da iniciativa, unha vez rexistrado/a, pódense ver as diferentes ofertas existentes na totalidade dos Estados membros.
Proceso de selección
Os interesados deberán realizar unha inscrición na
páxina web, na que confirmarán que aceptan e defenden os obxectivos e
principios do Corpo Europeo de Solidariedade. Nesa inscrición pedirase
información sobre experiencia, coñecementos, preferencias e a elaboración dun
perfil actualizable en calquera momento. A partires de aí, os datos da persoa
inscrita quedarán gardados nunha base á que terán acceso as organizacións
autorizadas pola Comisión Europea para levar a cabo os proxectos. Estas serán
as encargadas de contactar coas persoas interesadas para ofrecerlles un posto
dentro do seu proxecto, podendo os inscritos aceptalo ou rexeitalo. Unha vez
aceptada a oferta, as organizacións e participantes deberán asinar o contrato
de solidariedade onde se especifiquen os detalles, para que a Comisión poida
avalalo.
Para acceder ao portal de rexistro, prema na seguinte ligazón.
Duración e contía
O proxecto estará en funcionanmento ata o 2020 e a súa duración poderá oscilar entre dous meses e un ano.
As persoas
que participen en proxectos como voluntarios non percibirán remuneración
algunha, senón outros tipos de axuda económica procedente do correspondente
programa da UE que financie a actividade, que cubrirán gastos de transporte,
aloxamento, manutención, seguro médico e diñeiro de peto.
As persoas
contratadas a través da vertente ocupacional do Corpo Europeo de Solidariedade
terán un contrato de traballo, polo que recibirán unha remuneración acorde á
normativa salarial e aos convenios colectivos vixentes no país de recepción.
As persoas
contratadas como aprendices ou bolseiros terán un contrato de traballo e, en
principio, pagaráselles unha dieta.