Para participar neste programa, é necesario inscribirse mediante un formulario en liña, no que ademais de rexistrarse, deberase aportar o CV (recomendado en formato Europass), unha motivación, e un plan de negocio. Logo, a persoa interesada deberá poñerse en contacto cun empresario de acollida doutro país, ben procurándoo no catálogo en liña, ou ben suxeríndolle ao punto de contacto local alguén co que se comunicase previamente. Unha vez acordados os detalles do traballo e do proxecto de formación (datas, obxectivos, actividades) e remitida esa información ao punto de contacto local, deberán asinar o Compromiso de Calidade todas as partes interesadas. Ao remate da estadía no estranxeiro, o participante debe completar un
cuestionario describindo o traballo realizado, as habilidades e coñecementos adquiridos e os beneficios do intercambio para o desenvolvemento do seu negocio.
Máis información sobre o programa Erasmus para EmprendoresInformación sobre o punto de contacto local: Cámara de Comercio de Santiago
A duración do intercambio poderá
ser de entre un a seis meses, podendo ser dividida en tramos semanais, sen
exceder os 12 meses en total.
Parte dos gastos da viaxe e da
propia estadía estarán financiados a través de pagamentos que xestiona o punto
de contacto local elixido polo emprendedor. Os detalles do acordo financeiro
deberán ser pactados entre o participante e o punto de contacto local. Dependendo
do país de destino, as contías oscilarán entre 530€/mes e 1100€/mes.