Bolsas e prácticas profesionais
Institucións e Organismos da Unión Europea

PARLAMENTO EUROPEO. BOLSAS DE PRÁCTICAS PARA TITULADOS UNIVERSITARIOS (BOLSAS ROBERT SCHUMAN)

O Parlamento Europeo ofrece varias modalidades de bolsas de prácticas e visitas de estudos no seo da súa Secretaría Xeral co fin de que os titulados poidan familiarizarse co funcionamento da UE. Estas prácticas poden ser remuneradas ou non, sendo as máis coñecidas as Bolsas Schuman (opción xeral e opción xornalismo).
Requisitos
  • Titulado universitario.
  • Acreditar un documento substancial escrito para a opción xeral ou ben demostrar a experiencia profesional para a opción xornalismo.
  • Acreditar un bo coñecemento dalgunha das linguas de traballo comunitarias ademais da materna.
  • Ser maior de idade no momento do inicio das prácticas.
  • Posuír a nacionalidade dun Estado membro da UE.
  • Non ter realizado outro período de prácticas nunha institución comunitaria superior a catro semanas.
Postos
As modalidades destas bolsas son as seguintes:
  • Becas Schuman cuxo obxetivo é dar a oportunidade aos becarios para que completen os coñecementos adquiridos durante os seus estudos e se familiaricen coas actividades da UE e particularmente do Parlamento Europeo.
  • "A UE e ti" para titulados universitarios de terceiros países nos que hai unha OEPE para que realicen prácticas na OEPE correspondente.
  • Convenio con entidades externas que terán o seu fundamento en memorandos de acordo concluídos polo Secretario Xeral do Parlamento Europeo con determinados centros de ensinanza ou organizacións externas.
Lugar
Sedes do Parlamento Europeo: Bruxelas, Estrasburgo ou Luxemburgo.
Prazos de solicitude
  • Prazo de solicitude para o periodo de prácticas do 1 de outubro ao 28/29 de febreiro: 1 de xuño - 30 de xuño.
  • Prazo de solicitude para o periodo de prácticas do 1 de marzo ao 31 de julio: 1 de novembro - 30 de novembro.
Proceso de selección
Mais información aquí.
Duración e contía
A duración das bolsas será de 5 meses.

Ultima actualización: 15-10-2020
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir