Bolsas e prácticas profesionais
Institucións e Organismos da Unión Europea

PARLAMENTO EUROPEO. PRÁCTICAS DE FORMACIÓN

O Parlamento Europeo ofrece a oportunidade de realizar prácticas de formación aos mozos e mozas que teñan obtido (antes da data límite de presentación de solicitudes) un certificado de estudos secundarios correspondente ó nivel requerido para o acceso á universidade ou teñan realizado estudos superiores ou técnicos dun nivel equivalente. Estas prácticas serán destinadas, preferentemente, aos mozos e mozas que deban realizar un período de prácticas no marco dos seus estudos, sempre que teñan cumprido 18 anos o día de comezo das prácticas. 

Requisitos
a) Ter a nacionalidade dun Estado membro da UE ou dun país candidato á adhesión.
b) Ter cumprido os 18 anos na data de comezo das prácticas.
c) Ter un coñecemento perfecto dunha das linguas oficiais da UE. 
d) Non ter desfrutado dun período de prácticas ou dun contrato remunerado de máis  de catro semanas con cargo ó orzamento da UE.  
e) Os/as bolseiros/as no eido da infancia deberán presentar un certificado de antecedentes penais que se remonte a menos dun ano e proceda do último lugar de residencia do bolseiro/a. 
Postos
(1) Prácticas de formación no obrigatorias.
(2) Prácticas de formación obrigatorias.
Se o periodo de prácticas tivese carácter obligatorio dentro do marco de:   
  • O plan de estudos dunha universidade ou centro de nivel equivalente;
  • A formación profesional de alto nivel organizada por un organismo sen fines de lucro (particularmente institutos ou organismos públicos);
  • Os requisitos obligatorios para o acceso ao exercicio dunha profesión.
O Parlamento Europeo pode acoller aos candidatos que cumpran as condicións xerais de admisión, previa xustificación por parte destes organismos/entidades que autorizan o acceso ao exercicio dunha profesión.
Lugar
Bruxelas, Luxembrugo e Estrasburgo.
Prazos de solicitude
Para as prácticas non obrigatorias:
  • Inscrición: 1 de agosto ao 1 de outubro (comezo das prácticas: 1 de xaneiro).
  • Inscrición: 1 de decembro ao 1 de febreiro (comezo das prácticas: 1 de maio).
  • Inscrición: 1 de abril ao 1 de xuño (comezo das prácticas: 1 de setembro).
Para as prácticas obrigatorias
  • Inscrición: 1 de xaneiro ao 30 de abril (comezo das prácticas: 1 de outubro).
  • Inscrición: 1 de maio ao 31 de agosto (comezo das prácticas: 1 de febreiro).
  • Inscrición: 1 de setembro ao 31 de decembro (comezo das prácticas: 1 de xuño).
Proceso de selección
Máis información aquí
Duración e contía
A duración das prácticas de formación é de un a catro meses, con posibles excepcións.

Estas prácticas non son remuneradas.
Ultima actualización: 15-10-2020
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir