Bolsas e prácticas profesionais
Institucións e Organismos da Unión Europea

TRIBUNAL DE CONTAS DA UNIÓN EUROPEA

O Tribunal de Contas da UE organiza durante todo o ano cursos prácticos de formación nos ámbitos relacionados coas súas actividades. Porén, debido ás restricións orzamentarias, o número de cursos de prácticas é moi limitado.
Requisitos
  • Ser nacional dun Estado membro da UE.
  • Posuír unha titulación recoñecida de nivel universitario, ou ter realizado polo menos catro semestres de estudos universitarios nun ámbito de interese para o Tribunal.
  • Desexar adquirir unha formación práctica relacionada con algún dos ámbitos de actividade do Tribunal de Contas.
  • Posuír un coñecemento profundo dunha lingua oficial da UE e un coñecemento satisfactorio de polo menos outra lingua oficial da UE.
  • Non ter desfrutado doutras prácticas na UE.
Lugar
Luxemburgo.
Prazos de solicitude
  • Para a sesión que comeza en marzo de 2021, o prazo é do 1 de outubro de 2020 até o 30 de novembro.
  • Para a sesión que comeza en maio de 2021, o prazo é do 1 de decembro de 2020 até o 31 de xaneiro de 2021.
  • Para a sesión que comeza en outubro de 2021, o prazo é do 1 de maio de 2021 até o 30 de xuño.

Proceso de selección
Máis información aquí.
Duración e contía
A duración das prácticas é de 3, 4 ou 5 meses, cunha remuneración segundo dispoñibilidade (1350 euros/mes, no seu caso). 
Ultima actualización: 15-10-2020
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir