Bolsas e prácticas profesionais
Institucións e Organismos da Unión Europea
O Valedor do Pobo Europeo ofrece prácticas dúas veces ao ano sobre todo para perfís de titulados en dereito. Comezan o 1 de setembro e o 1 de xaneiro de cada ano.
Requisitos
  • Ser nacional dun Estado da UE.
  • Ter un título universitario en Dereito, Ciencias Políticas, Estudios Europeos, Administración Pública Europea, Relacións Internacionais, Economía,  Estadística, RRHH, Comunicación ou Ciencias da Computación
  • Coñecer un dos idiomas oficiais da UE, especialmente de inglés.
  • Non ter realizado previamente prácticas remuneradas nunha institución da UE.
Lugar
 Estrasburgo ou Bruxelas, en función das necesidades da oficina. 
Prazos de solicitude
As prácticas comezan normalmente o 1 de setembro ou o 1 de xaneiro de cada ano. Para cada período de prácticas, publícase un anuncio, normalmente o 1 de febreiro e o 1 de maio, onde se especifican os perfís que se pretenden cubrir. 

Proceso de selección
Duración e contía
A duración é de catro a doce meses, cunha remuneración dependendo do orzamento, cunha estimación de arredor de 1.300 euros/mes en Bruxelas e 1.500 euros/mes en Estrasburgo.
Ultima actualización: 15-10-2020
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir