Inclúe programas anteriormente ofertados coma o Junior Professional Associates, MIGA Professionals Programs, Resource Manager Fast Track Development Program... O beneficiario traballará nun entorno cultural e intelectualmente esixente nunha rexión ou unidade corporativa do Grupo Banco Mundial. Requírense habilidades de análise, coñecementos informáticos
e capacidade investigadora para traballar con empregados sénior do Banco
Mundial. Obtense así unha primeira experiencia nos desafíos do
desenvolvemento e redución da pobreza. Despois poderase aplicar esta
experiencia na consultaría, na función pública ou no ensino.
Requisitos
- Ser licenciado, ter unha mestría ou ser candidato ao
doutoramento.
- Non ter máis de 28 anos.
- Ter un bo expediente académico. así como potencial de liderazgo, habilidades analíticas e facilidade de comunicación oral e escrita,
- Coñecementos de economía, finanzas, desenvolvemento
humano, ciencias sociais, agricultura, medio ambiente, desenvolvemento do
sector privado e/ou outros campos relacionados.
Postos
- Operacións: Centrarás a túa atención en areas relacionadas coa asistencia política e estratéxica e o apoio á identificación, preparación, avaliación e superversión dos proxectos de desenvolvemento. Para esta modalidade requerirase unnha titulación de máster.
- Finanzas: Contribuirás á sostenibilidade financieira e á xestion do World Bank Group en áreas como tesuraría, xestión de riscos e xestión financieira. As túas tarefas incluirán análisis financieiro, deseño financieiro ou análisis cuantitativo. Grados e másters serán tidos en consideración.
Lugar
Países
onde o Banco Mundial desenvolve os seus proxectos e na sede en Washington
(Estados Unidos).
Prazos de solicitude
A
solicitude realízase online durante
todo o ano.
Proceso de selección
Duración e contía
A
duración é de dous anos non renovables.
O salario depende do destino, e
inclúe aloxamento e seguro médico.