Bolsas e prácticas profesionais
Organismos e Organizacións internacionais

BANCO MUNDIAL. PROGRAMA DE MOZOS PROFESIONAIS

O programa de Mozos Profesionais está pensado para a mocidadealtamente cualificada en áreas relevantes para o Banco Mundial, tales como: economía, finanzas, educación, saúde pública, ciencias sociais, enxeñería, urbanismo e xestión dos recursos naturais.
Requisitos
  • Ser cidadán dun estado membro do Banco Mundial.
  • Ter menos de 32 anos.
  • Posuír unha mestría ou equivalente cando se solicita a praza.
  • Acreditar experiencia profesional mínima de 3 anos ou estudos de doutoramento.
  • Dominio do inglés e valorarase o coñecemento doutras linguas adicionaisde traballo do WBG: Árabe, chinés, francés, portugués, ruso e español.
  • Estar especializado nun campo relevante para o Banco Mundial.
  • Compromiso e paixón polo desenvolvemento internacional.
  • Ter un bo expediente académico.
  • Posuír habilidades sociais para relacionarse nun entorno internacional.
  • Capacidade de adaptación.
  • Sensibilización coa pobreza.
  • Dispoñibilidade para viaxes e traslados.
Lugar
Países onde o Banco Mundial desenvolve os seus proxectos e na súa sede en Washington (Estados Unidos).
Prazos de solicitude
A solicitude online comeza no mes de xuño e reábrese para perfís máis concretos en agosto.
Proceso de selección
Candidatura espontánea e selección segundo as necesidades da organización. Os preseleccionados deberán enviar máis información e realizar unha entrevista.

Máis información en: http://www.bancomundial.org/es/work-with-us

Duración e contía
24 meses antes de obter un posto fixo na organización.

O salario depende do destino e inclúe tanto aloxamento como seguro médico.
Ultima actualización: 16-10-2020
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir