A
OTAN ofrece prácticas remuneradas nas seguintes áreas: política de defensa,
xestión executiva, Oficina de Seguridade da OTAN, operacións, asuntos
políticos e política de seguridade, diplomacia, Oficina de Recursos da OTAN...; e tamén en diferentes Axencias: IMS (Persoal Militar Internacional), SHAPE, NC3A, NAMA, etc.
Requisitos
- Ter cursados polo menos dous anos de estudos superiores
(ou estar recén graduado) dalgunha das seguintes disciplinas: ciencias
políticas, relacións internacionais, estudos de seguridade, economía,
finanzas, recursos humanos, informática, deseño gráfico e web,
biblioteconomía, enxeñarías ou comunicación.
- Que o título máis alto obtido non teña máis dun ano de antigüidade.
- Idade mínima de 21 anos.
- Ser cidadán dun país pertencente á OTAN.
- Nivel alto de inglés e/ou francés (valoraranse
coñecementos de ruso e/ou árabe).
Postos
- O programa de prácticas financiado pola OTAN.
- O programa de bolsas, financiado durante todo o ano para os candidatps que recibian unha bolsa da súa propia universidade ou dunha institución gobernamental.
Lugar
Na
sede da OTAN en Bruxelas e noutras oficinas.
Prazos de solicitude
O programa de prácticas da OTAN ofrece prácticas unha vez ao ano.
As listas para o ano 2021 están pechadas.
Proceso de selección
Duración e contía
A
duración é de aproximadamente 6 meses.
A
contía da bolsa para o programa de prácticas da OTAN é de 1049,65€ brutos ao mes, e o custo da viaxe 1200€.
Terás dereito a 15 días de vacacións durante os 6 meses de duración das prácticas.