Bolsas e prácticas profesionais
Organismos e Organizacións internacionais

ORGANIZACIÓN INTERNACIONAL DO TRABALLO (OIT)

As prácticas na OIT ofrecen unha oportunidade aos estudantes que queren incrementar os seus coñecementos sobre as cuestións relevantes a nivel internacional, involucrándoos directamente no traballo da OIT e na aplicación dos seus principios.
Requisitos
  • Mestría, licenciatura ou alumnado de último ano.
  • Estudos en disciplinas relevantes para a OIT: ciencias políticas e sociais, dereito Internacional, relacións laborais e ciencias económicas.
  • Bo nivel dunha das linguas de traballo da OIT: español, inglés ou francés.
  • Adaptabilidade a un eido internacional, multicultural e plurilingüe.
  • Habilidades comunicativas.
  • Iniciativa e capacidade para traballar individualmente e en equipo.
Lugar
Sede da OIT en Xenebra e outras oficinas.
Prazos de solicitude
A solicitude faise en liña con certa antelación ao período de prácticas desexado. As prácticas ofertadas publícanse nos meses de xaneiro e xuño de cada ano.

As prácticas adoitan durar de tres a un máximo de seis meses. As pasantías comezan o primeiro ou o día 15 de cada mes (ou o día seguinte se é un día non laborable).
Proceso de selección
Presentación do formulario de solicitude e dunha carta de presentación na páxina web da OIT.  

Para máis información, consulta o seguinte 
enlace.
Duración e contía
Entre 3 e 6 meses.

No caso de non percibir ningunha remuneración a OIT ofrece un subsidio suplementario, que cubre os custos básicos de subsistencia.
Ultima actualización: 16-10-2020
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir