Bolsas e prácticas profesionais
Organismos e Organizacións internacionais

ORGANIZACIÓN MUNDIAL DO COMERCIO (OMC)

A Secretaría da OMC mantén un programa limitado de pasantías para estudantes universitarios de posgrao que desexen adquirir experiencia práctica e ampliar o seu coñecemento do sistema multilateral de comercio. As tarefas asignadas aos pasantes teñen por obxecto mellorar o seu coñecemento e comprensión da OMC e, en xeral, da política comercial. Porén, as necesidades da División que contrate ao pasante serán fundamentais para determinar o contido preciso das súas tarefas.
Requisitos
  • Ser nacional dun estado membro da OMC.
  • Ter rematado os seus estudos universitarios nunha disciplina pertinente como Economía, Dereito, Ciencias Políticas ou Relacións Internacionais.
  • Ter cursado como mínimo un ano dos seus estudos de posgrao.
  • Ter entre 21 e 30 anos.
Lugar
Sede da OMC en Xenebra (Suíza).
Prazos de solicitude
O programa incorpora continuamente novos pasantes e non ten un período específico de contratación. Non hai datas límite para a presentación de solicitudes.
Proceso de selección
Confeccionarase unha lista de candidatos da que se seleccionarán os pasantes. Ademais do programa regular de pasantías, pode xurdir a necesidade de contratar pasantes por un prazo breve para determinadas tarefas. Estas persoas tamén se escollerán entre a lista, que soamente se manterá por un ano.   

Para máis información clicka no seguinte enlace.
Duración e contía
Os pasantes remunerados recibirán un subsidio de 60 francos suízos diarios (48€). A OMC poderá empregar pasantes non remunerados financiados mediante fondos externos.

As pasantías teñen unha duración máxima de entre 3 e 6 meses, dependendo do proxecto para o cal foi solicitado o pasante e das necesidades de cada División.
Ultima actualización: 16-10-2020
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir