Bolsas e prácticas profesionais
Organismos e Organizacións internacionais

ORGANIZACIÓN PARA A COOPERACIÓN E O DESENVOLVEMENTO ECONÓMICOS (OCDE). PROGRAMA DE MOZOS PROFESIONAIS

Este programa está dirixido a licenciados cun excelente expediente académico que queiran desenvolver a súa carreira profesional no ámbito da cooperación internacional.
Requisitos
  • Ter nacido despois do 1 de xaneiro de 1981, no caso da convocatoria do ano 2017.
  • Ser nacional dun estado membro da OCDE.
  • Estar licenciado ou posuír unha mestría nas áreas de economía, desenvolvemento, finanzas, xestión pública ou sustentabilidade. Os candidatos con mestría deben ter unha experiencia profesional mínima de dous anos.
  • Acreditar un excelente expediente académico e capacidade de análise.
  • Coñecementos das políticas dos estados, das institucións e dos procesos políticos e de reforma.
  • Capacidade de traballo en solitario, así como en equipo.
  • Dominio dunha das dúas linguas oficiais da OCDE, inglés ou francés.
  • Coñecementos informáticos.
  • Boa comunicación oral e escrita, así coma habilidades sociais.
Lugar
Sede da OCDE en París (Francia).
Prazos de solicitude
O prazo de solicitude abre durante os meses de outubro e novembro.
Proceso de selección
Convocatoria no último trimestre do ano. Ademais da valoración de méritos, os candidatos seleccionados terán que realizar un test online e unha entrevista persoal. 

Máis información en: http://www.oecd.org/careers/young-professionals-programme/

Actualmente o programa atópase en estado de revisión, e actualizarase ao longo deste 2020. 
Duración e contía
A duración é de dous anos.

O salario estará exento de impostos e dependerá do destino e a situación individual, xa que podría incluír complemento por expatriación e familia. 
Ultima actualización: 16-10-2020
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir