Bolsas e prácticas profesionais
Organismos e Organizacións internacionais

PROGRAMA DAS NACIÓNS UNIDAS PARA O DESENVOLVEMENTO (PNUD)

A súa finalidade é dar aos candidatos unha oportunidade para mellorar os seus coñecementos sobre as labores do PNUD e completar os estudos relacionados co desenvolvemento.
Requisitos
  • Estar matriculado nun segundo ou terceiro ciclo dun campo relacionado co desenvolvemento (economía, administración pública, administración de empresas ou medio ambiente).
  • Só se escollerá a aqueles que despois retomen os seus estudos.
  • Os candidatos deben ter demostrado interese no campo do desenvolvemento.
  • Falar con soltura unha das linguas de traballo do PNUD (inglés, francés ou español) e valoraranse os coñecementos de árabe, portugués, ruso ou idiomas da Europa do Leste).
  • Adaptarse a distintos lugares e aos desprazamentos.
  • Ter interese por traballar con xente de diferentes linguas, nacionalidades e culturas.
Lugar
Sede en Nova York e outras oficinas.
Prazos de solicitude
3 meses antes do comezo desexado das prácticas.
Proceso de selección
Candidatura espontánea e selección en función das necesidades da sede.

Para máis información: http://www.undp.org/content/undp/es/home/about-us/faqs.html#job

Duración e contía
A duración varía dependendo das necesidades académicas do estudante, cunha duración mínima de 6 semanas e unha duración máxima de 6 meses.

Non ofrecen remuneración.
Ultima actualización: 16-10-2020
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir