Bolsas e prácticas profesionais
Organismos e Organizacións internacionais

UNESCO. ORGANIZACIÓN DAS NACIÓNS UNIDAS PARA A EDUCACIÓN, A CIENCIA E A CULTURA. PROGRAMA DE EXPERTOS ASOCIADOS

A UNESCO ofrece aos mozos profesionais a posibilidade de formarse mediante o programa Experto Asociado, unha interesante oportunidade para ampliar a súa experiencia nun contexto internacional e contribuír nas tarefas da UNESCO nos eidos da educación, da ciencia, da cultura ou da comunicación.
Requisitos
  • Ser nacional dun país doante, é dicir, que participe no programa (Alemaña, Bélxica, España, Finlandia, Francia, Grecia, Italia, Xapón, República de Corea, Suecia e Suíza).
  • Posuír un diploma universitario en educación, cultura, ciencias sociais e humanas ou comunicación, ou nun eido directamente relacionado coa xestión e a administración dunha organización internacional.
  • Excelente nivel de francés e/ou inglés. Un bo coñecemento doutro idioma, así como de árabe, chinés, español ou ruso. Nalgúns casos requírese o dominio dun idioma non oficial da UNESCO ou da lingua do lugar de destino.
  • A experiencia profesional constitúe unha vantaxe, pero non é indispensable.
  • A idade máxima varía segundo os países, aínda que adoita establecerse nos 32 anos.
Lugar
Lugar de desenvolvemento do programa en concreto ou na sede da UNESCO (París).
Prazos de solicitude
Segundo a convocatoria: https://es.unesco.org/node/266024
Proceso de selección
Os candidatos son preseleccionados pola Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID).

Posteriormente, os servizos de recrutamento da UNESCO, conxuntamente coa AECID, efectúan a selección definitiva dos aspirantes mediante entrevista persoal e en función das características das prazas que se desexa cubrir.
Duración e contía
Contrato dun ano de duración, prorrogable por outro. 

O salario corresponde ao do persoal profesional ao servizo das Nacións Unidas, sobre os 2.600/3.000€ mensuais, aínda que pode experimentar variacións segundo o custo de vida no país de destino.
Ultima actualización: 16-10-2020
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir