Bolsas e prácticas profesionais
Organismos privados

FUNDACIÓN EMPRESA UNIVERSIDADE DE ZARAGOZA. BOLSAS DE PRÁCTICAS

Estas bolsas ofrecen ós estudantes universitarios e recén titulados (Universitarios, Ciclos Formativos de Grao Superior  Ciclos Formativos de Grao Medio) a posibilidade de realizar prácticas formativas remuneradas en empresas españolas, facilitando así a súa incorporación ó mercado de traballo.
Requisitos
  • Ser estudante universitario con máis da metade da carreira superada ou ser Titulado Universitario, Técnico Superior (Ciclos Formativos de Grao Superior) ou Técnico (Ciclos Formativos de Grao Medio), cunha antigüidade máxima de 18 meses.
  • Non estar realizando ningún traballo remunerado, non estar percibindo o seguro de desemprego, non estar desfrutando de ningunha bolsa de calquera tipo e non realizar ningunha actividade profesional ou académica que impida a normal realización das prácticas formativas.
  • Non ter desenvolto traballo profesional algún relacionado coa súa titulación despois de ter finalizado os seus estudos.
  • Non ter realizado previamente unha práctica formativa a través de FEUZ, aínda que  a duración da mesma fose por un período de tempo inferior ó máximo permitido de 10 meses.
Lugar
En empresas nacionais.
Prazos de solicitude
Sen prazo establecido.
Proceso de selección
Máis información en: http://www.feuz.es
Duración e contía
As bolsas terán unha duración de entre 3 e 10 meses (improrrogable).

As prácticas son remuneradas, estando obrigada a empresa a financialas
Ultima actualización: 16-10-2020
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir