Bolsas e prácticas profesionais
Organismos privados

FUNDACIÓN EMPRESA-UNIVERSIDADE GALEGA. BOLSAS DE PRÁCTICAS PARA ESTUDANTES E TITULADOS

Estas bolsas ofrecen ós estudantes universitarios e titulados a posibilidade de desfrutar de estancias en empresas (con sede en Galicia) de diferentes sectores.
Requisitos
  • Ser estudante universitario con máis da metade da carreira superada ou ser Titulado Universitario con menos de 3 anos de antiguedade, dentro do Sistema Universitario de Galicia.
  • Ser titulado de Formación Profesional.
  • Carecer de experiencia.
  • Actividades sempre supervisadas por un tutor.
  • Menores de 31 anos.
Lugar
En empresas que estean dispostas a acoller bolseiros e firmen convenio.
Prazos de solicitude
Sen prazo establecido.
Proceso de selección
Máis información en:  http://www.feuga.es/es/becas.html
Duración e contía
No caso de estudantes con máis dun 50% de créditos, as bolsas terán unha duración de entre 2 e 12 meses e cunha remuneración mínima de 555 euros.

No caso de titulados, non hai unha duración determinada das prácticas formativas, a remuneración mínima será de 610 euros.

Para os titulados en FP, a bolsa é de 510 euros.
Ultima actualización: 16-10-2020
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir