Bolsas e prácticas profesionais
Organismos privados

IAESTE (THE INTERNATIONAL ASSOCIATION FOR THE EXCHANGE OF STUDENTS FOR TECHNICAL EXPERIENCE). PRÁCTICAS PARA ESTUDANTES

O programa IAESTE (The International Association for the Exchange of Students for Technical Experience) ofrece e tramita prácticas de carácter internacional a estudantes de especialidades técnicas, ou a empresas nacionais que accedan a acoller futuros profesionais estranxeiros.
A característica principal do programa de intercambio profesional IAESTE é a enorme versatilidade das ofertas coas que traballa. Os parámetros que definen a oferta son flexibles e decídeos o empresario en función das súas necesidades. Así mesmo, os estudantes acceden a un amplo abano de propostas profesionais acordes ás súas motivacións, currículo e axenda académica. Conta con delegacións en Madrid, Cataluña, Andalucía, Valencia, Euskadi e Zaragoza e outros centros non adscritos a delegación.
Requisitos
  • Ser estudante dalgunha carreira técnica ou experimental e estar matriculado en facultades onde teñan o programa IAESTE.
  • Os requisitos académicos, profesionais e de idiomas, varían en función de cada oferta e das necesidades da institución ofertante.
  • Necesidade de ter superado un 50% dos créditos universitarios.
Lugar
O IAESTE está presente en 80 países, podendo realizar as prácticas en cada un deles. 
Prazos de solicitude
IAESTE‐España ten como data límite para a recepción de ofertas de prácticas en entidades españolas ata o mes de decembro.
Proceso de selección
O proceso comeza no mes de outubro, cando se envía a todos os Centros Universitarios a información que deben ofrecer ós estudantes. Para organizar as visitas ás entidades, cada estudante español intégrase nun grupo de traballo dentro do seu Centro, onde se lle aconsella e dota de materiais –cartas de presentación,documentos de apoio, tarxetas de visita, etc. O estudante presenta o programa á entidade; si esta amosa interese, IAESTE ofrécelle finalmente unha Oferta de Colaboración Universidad‐Empresa para un estudante estranxeiro, sempre en termos que as entidades atopen atractivos.  

Máis información en: http://www.iaeste.es/index.php
Duración e contía
As prácticas realizaranse usualmente entre xullo e setembro, pero tamén noutros períodos e distinta duración.

As prácticas son remuneradas, asegurándose uns ingresos mínimos que permitan ó estudante facer fronte ó custo de vida do país de destino. O aloxamento e a recepción corren a cargo da Asociación.
Ultima actualización: 16-10-2020
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir