Bolsas e prácticas profesionais
Organismos públicos galegos

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE. BOLSAS DE PRÁCTICAS EN CENTROS DE TRABALLO (FCT)

Convocatoria de axudas para a realización de prácticas en centros de traballo (FCT) por parte de estudantes de ciclos medios ou superiores en España ou en países da UE.
Requisitos
  • Estar matriculado no último curso dun ciclo formativo de grao medio ou superior de formación profesional inicial, artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas, programas formativos e programas de cualificación profesional inicial.  
  • O alumnado debe rematar o período de formación práctica en centros de traballo antes do 31 de decembro de ese ano.
  • Non incorrer en ningunha causa de exclusión.
  • Estar ao corrente das contribucións tributarias e a Seguridade Social.
Lugar
En centros de traballo nacionais ou internacionais.
Prazos de solicitude
Hai dous prazos de solicitude:
  1. Un primeiro desde a publicación no DOG, que tende a ser no mes de xuño.
  2. Un segundo período no mes de outubro. 
Proceso de selección
Máis información sobre a convocatoria en: https://www.xunta.gal

No seguinte enlace podedes consultar o anuncio da convocatoria do 2020: https://www.edu.xunta.gal/portal/es/node/31226 

Duración e contía
A duración máxima é o período de prácticas contemplado no plan de estudos.  

Para aqueles que realizan as súas prácticas en Galicia a contía máxima é de 186€. Quenes as realicen fóra da Comunidade Autónoma pero dentro do territorio español percibirán uunha cantidade fixa de 200€. Para os destinos no estranxeiro, a contía base sitúase entre os 120-240 euros mensuais e as semanais entre os 72 e os 150 euros, segundo o país de destino.
Ultima actualización: 19-10-2020
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir