Requisitos
Poderán ser beneficiarios/as destas bolsas aqueles/as solicitantes que cumpran os seguintes requisitos:
a) Ter nacionalidade española, ser nacional dun país membro da Unión Europea ou ser estranxeiro/a con permiso de residencia en España no momento de solicitar a bolsa, sempre que domine algunha das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Estar en posesión dun ciclo formativo de acuicultura na data de remate do prazo de presentación de solicitudes desta orde de convocatoria. Pode presentarse aquel alumnado titulado como técnico medio en Operacións de Cultivo Acuícolas/técnico medio en Cultivos Acuícolas e/ou técnico superior en Produción Acuícola/técnico superior en Acuicultura.
c) Non estar incapacitado/a fisicamente ou padecer enfermidade que poida impedir a realización normal da actividade formativa obxecto das bolsas que se convocan.
d) Non ter sido beneficiario/a destas bolsas ou outras similares en anteriores convocatorias.
Postos
Convócanse catro (4) bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, de formación en réxime de empresa tutelada para a realización de prácticas de produción de cría de bivalvos.
Lugar
Os/as beneficiarios/as realizarán as actividades prácticas de produción de cría de bivalvos nas instalacións do Instituto Galego de Formación en Acuicultura na Illa de Arousa (Igafa), segundo a programación formulada polo/a titor/a correspondente.
Prazos de solicitude
Ata o 1 de agosto de 2016.