Bolsas e prácticas profesionais
Organismos públicos galegos

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA. BOLSAS PARA LICENCIADOS EN HISTORIA, CON DESTINO NO SERVIZO DE PATRIMONIO DOCUMENTAL E BIBLIOGRÁFICO

Bolsas para a realización de tarefas relacionadas coa arquivística, inventariado e catalogación, especialmente de arquivos gráficos, fotografía, gravado-estampado e tarxeta postal.
Requisitos
  • Estar en posesión do título de licenciatura ou grao en Historia ou en Información e Documentación, ou en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes.    
  • Estar en posesión da titulación académica correspondeente aos estudos obxecto da bolsa con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2009. 
  • Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da UE.    
  • Acreeditar o coñecemento da lingua galega, nivel Celga 4
  • Non estar incapacitado fisicamente ou padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade obxecto da bolsa.   
  • Non ter sido beneficiario/a de bolsa na Deputación Provincial de Pontevedra.
  • Dispoñes do carné de conducir B en vigor. 
Lugar
Deputación de Pontevedra.
Prazos de solicitude
Primeiro semestre do ano.

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra
Proceso de selección
Valóranse: Currículo Vitae da persoa solicitante, expediente académico, actividades relacionadas.

Para máis información:
https://www.depo.gal/becas
Duración e contía
A dotación económica das bolsas será de 840€ ao mes por persoa beneficiaria.

A duración será de 6 meses prorrogables a 12.  

Ultima actualización: 19-10-2020
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir