Bolsas e prácticas profesionais
Organismos públicos galegos

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA BOLSAS PARA PRACTICAS LABORAIS EN CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

A Deputación de Pontevedra ten previsto poñer en marcha un Plan de práctica laboral nos concellos da provincia, dirixido a titulados universitarios e de formación profesional sen experiencia laboral previa no ámbito da súa formación, coa finalidade de promover e completar a súa formación académica en áreas que poidan facilitar a súa futura incorporación ó mercado de traballo.
Requisitos
  • Ter a nacionalidade española ou dun dos países da Unión Europea.  
  • Estar en posesión do título esixido para cada unha das bolsas convocadas na data en que remate o prazo de presentación de instancias.  
  • Ter finalizados os estudos obxecto da bolsa con posterioridade ó 1 de xaneiro do 2007.
  • Non ser beneficiario na actualidade, nin beneficiarse con anterioridade, dunha bolsa dos plans de práctica laboral da Deputación nos distintos centros ou servizos, nin nos concellos ou empresas da provincia.  
  • Non beneficiarse anteriormente dunha bolsa remunerada de duración superior a seis meses nos extinguidos organismos autónomos.
  • Estar empadroado en calquera termo municipal da provincia de Pontevedra desde antes do 1 de xaneiro de 2015.  
  • Estar inscrito no Servizo Público de Emprego como demandante ou en mellora de emprego.
  • Non ter experiencia laboral previa na profesión ou área de coñecementos.   
  • Acreditar o coñecemento da lingua galega, nivel Celga IV, nas bolsas de titulados universitarios, e nivel Celga III nas bolsas destinadas a ciclos superiores de formación profesional.
Lugar
Concellos da provincia de Pontevedra.
Prazos de solicitude
Primeiro trimestre do ano.
Proceso de selección
O proceso de selección desenvolverase en dúas fases. A primeira,de acordo aos méritos valorados conforme aos seguintes criterios e ata un máximo de 10 puntos: posuír unha titulación universitaria ou de formación profesional distinta e de nivel igual ou superior á esixida), a segunda, de tipo test e de carácter obligatorio e non eliminatorio.en contestar por escrito un test de 20 preguntas con catro respostas alternativas propostas polo tribunal, sobre temas relacionados co ámbito administrativo. 

Para máis información:  
http://www.depo.es/becas
Duración e contía
As bolsas terán unha duración de 6 meses e poderán ser prorrogadas por outros 6 meses por acordo da Xunta de Goberno.  

A dotación económica das bolsas, determinada polo nivel de titulación, será de 800,00 € ó mes para titulados universitarios e de 700,00 € ó mes para ciclos superiores de formación profesional.
Ultima actualización: 19-10-2020
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir