Bolsas e prácticas profesionais
Organismos públicos galegos

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE). BOLSAS DE FORMACIÓN

O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) convoca bolsas formativas en proxectos de mellora competitiva. Os seleccionados recibirán formación especializada en internacionalización, cooperación empresarial e competitividade, incrementando así as súas posibilidades de inserción laboral futura. Os bolseiros poderán prestar servizos en varias pemes ou entidades diferentes, titulizados por expertos.
Requisitos
  • Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da Unión Europea e estar empadroado/a nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia. 
  • Cumprir os requisitos do artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, para ser considerado/a beneficiario/a de subvencións. 
  • Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións universitarias: Física, Enxeñería, Matemáticas, Química, Administración e Dirección de Empresas, Economía, Dereito, Bioloxía/Biotecnoloxía e Farmacia. 
  • Non haber disfrutado con anterioridade de ningunha outra beca do Igape. 
  • Ter nado despois do 31.12.1983.
Lugar
As bolsas gozaranse en destinos escollidos polo Igape, baixo a supervisión de axentes colaboradores/as concertados/ as que participen na prestación ás pemes de servizos de mellora da competitividade.
Prazos de solicitude
No primeiro trimestre do ano.
Proceso de selección
Unha comisión avaliadora examinará todas as solicitudes presentadas e os méritos acreditados.  

Para máis información:  
http://www.igape.es
Duración e contía
A duración inicial da bolsa establécese nun máximo de doce (12) meses, contados desde a asignación do/da bolseiro/á o seu destino, podendo ser prorrogada polo Igape por un período máximo de ata catro meses adicionais.

A contía das bolsas é de 10.800 euros anuais. En caso de prórroga da bolsa, a dotación incrementarase proporcionalmente segundo a duración da prórroga. Considéranse incluídos dentro da dotación da bolsa a seguridade social, no seu caso, os impostos de carácter persoal, así como todos os gastos en que teña que incorrer o/a bolseiro/a para o desenvolvemento das fases teóricas ou prácticas da bolsa.
Ultima actualización: 19-10-2020
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir