A Mesa do Parlamento de
Galicia convoca unha serie de bolsas co obxecto de
realizar unha formación práctica nas materias de arquivo, biblioteca e
documentación; comunicación institucional, publicacións, recursos técnicos e contratación e xestión parlamentaria, e tamén unha bolsa de formación de asistencia administrativa e servizos comúns para persoas con
discapacidade intelectual.
Requisitos
- Ser español ou nacional dun Estado membro da UE ou nacional daqueles estados aos que, en virtude de tratados internacionais realizados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa aplicable a libre circulación de persoas.
-
Posuír as titulacións universitarias que seguen obtidas no ano académico 2011-2012 ou en anos posteriores: grao ou licenciatura en documentación, grao en informción e documentació ou diplomatura en
biblioteconomía e documentación; grao ou licenciatura en xornalismo, publicidade e relacións públicas ou comunicación audiovisual; grao en licenciatura en filoloxía galega; grao en arquitectura ou arquitectura técnica, en enxeñería de tecnoloxía industrial ou enxeñería en organización industrial; licenciatura ou grao en dereito, en ciencias políticas e da administración ou grao en dirección e xestión pública. ciencias da comunicación ou en ciencias
sociais e da comunicación, licenciatura en filoloxía galega ou tradución e
interpretación no caso de ter escollida como primeira lingua o galego, grao,
licenciatura ou diplomatura en informática.
-
Acreditar un coñecemento da lingua galega en nivel de perfeccionamento ou Celga 4.
-
Non resultar beneficiario en convocatorias
anteriores do Parlamento de Galicia.
Lugar
Na sede do Parlamento de
Galicia.
Prazos de solicitude
No primeiro trimestre do
ano.
O período de solicitudes pode verse afectado pola paralización dos procedementos administrativos no 2020.
Proceso de selección
Duración e contía
A duración é de 12
meses.
A contía total de cada bolsa será de 12.000 euros (doce mil euros) brutos, que se
percibirán unha vez finalizado cada mes, a razón de 1.000 euros
(mil euros), e que estarán suxeitos á retención que legalmente proceda.