Bolsas e prácticas profesionais
Outros organismos públicos

CENTRO DE INVESTIGACIÓNS SOCIOLÓXICAS. BOLSAS DE FORMACIÓN

Formación de posgraduados nos métodos e técnicas utilizados na investigación social aplicada a través da participación nas tarefas de investigación e actividades formativas do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS).
Requisitos
  • Ter nacionalidade española ou ser residente en España.
  • Título de graduado ou licenciado, ou título estranxeiro homologado, obtido dentro dos 4 anos anteriores á data de publicación da convocatoria.
  • Media de 1,8 sobre 4.
  • Non poderán solicitar a bolsas quen, con anterioridade a esta convocatoria, foran adxudicatarios doutra bolsa de formación para posgraduados no CIS.
Lugar
No Centro de Investigacións Sociolóxicas (Madrid).
Prazos de solicitude
O prazo é de quince días hábiles dende a publicación da convocatoria no BOE, que está prevista para os meses de setembro-novembro do ano precedente.
Proceso de selección
Publicarase na páxina web do Centro de Investigacións Sociolóxicas a lista cos nomes e apelidos dos beneficiarios e suplentes seleccionados.  

Para máis información sobre a ponderación de méritos, accede ao seguinte enlace: http://www.cis.es 

Duración e contía
A cuantía de cada beca non superará o importe de trece mil euros (13.000,00 euros).

As bolsas serán de carácter anual e incompatibles con calquera outra bolsa ou subvención pública simultáneas de similares características. 
Ultima actualización: 20-10-2020
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir