Bolsas e prácticas profesionais
Outros organismos públicos

FRANCIA. MINISTERIO DE ASUNTOS EXTERIORES. VOLUNTARIADO INTERNACIONAL EN EMPRESAS

Programa do Ministerio de Asuntos Exteriores de Francia para a realización de prácticas profesionais en empresas ou na administración de Francia.  
O Voluntariado Internacional en Empresa (VIE) é un programa francés de mobilidade internacional en empresas para mozos profesionais de entre 18 e 28 anos, aberto aos candidatos da Unión Europea.
Requisitos
  • Estudantes, licenciados recentemente ou desempregados.
  • Ser cidadán dun Estado membro da UE ou do Espazo Económico Europeo.
  • Alto nivel de francés.
  • Ter unha idade comprendida entre os 18 e 28 anos.
  • Carecer de antecedentes penais.
Lugar
Empresas francesas ou administración de Francia no estranxeiro.
Prazos de solicitude
A solicitude faise mediante inscrición na web.
Proceso de selección
A web publica asiduamente as distintas ofertas de prácticas profesionais e o candidato terá que enviar o seu CV e carta de presentación directamente. Será a empresa quen realice a selección final do beneficiario.  

Máis informacion: 
https://www.diplomatie.gouv.fr/
Duración e contía
A duración destas bolsas é de entre 6 e 24 meses.

O bolseiro percibirá mensualmente unha contía fixa de 660€, máis unha parte variable en función do país.
Ultima actualización: 20-10-2020
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir