Proceso de selección
O
proceso de selección consta dunha fase na que se valorarán os méritos
académicos e coñecementos de informática e idiomas dos candidatos, e unha
fase de entrevista persoal co xurado e responsables de departamento.
Para máis información: https://www.fundacionsepi.es
Duración e contía
A
duración total é de 6 meses, pero a fundación poderá ampliar a duración da bolsa cando a entidade colaboradora o solicite, até completar o período formativo establecido. Asemade, a solicitude do SEPI, a fundación poderá prorrogar as bolsas por outros dous períodos consecutivos de seis meses cada un até un máximo de 18 meses.
O bolseiro percibirá unha asignación mensual de 885€/mes ou a parte proporcional que corresponda en función da data efectiva da incorporación do bolseiro, así como un seguro de accidentes.