Bolsas e prácticas profesionais
Outros organismos públicos

FUNDACIÓN SEPI-DELOITTE. BOLSAS DE PRÁCTICAS

A Fundación SEPI (Sociedade Estatal de Participacións Industriais), en colaboración con Deloitte, convoca o "Programa Deloitte", co obxectivo de posibilitar un período de formación práctica.
Requisitos
  • Ser cidadán dun Estado membro da UE.
  • Ser titulado universitario da algunha universidade oficialmente recoñecida.
  • Estar en posesión dalgún dos títulos incluídos na convocatoria por parte dalgunha universidade oficialmente recoñecida.
  • Non ser beneficiario dalgún programa de bolsas da Fundación con anterioridade.
  • Nivel medio-alto de inglés.
  • Estar disposto a fixar a residencia no lugar de realización da bolsa.
Lugar
Nun dos centros que Deloitte ten en España.
Prazos de solicitude
Primeiro semestre do ano.
Proceso de selección
O proceso de selección estará a cargo dun xurado composto por representantes de Deloitte e da SEPI.

Consistirá nunha fase de preselección, probas psicotécnicas, unha dinámica de grupo e unha entrevista.

Para máis información: https://fundacionsepi.es
Duración e contía
A duración total é de 6 meses, podendo ser prorrogados outros 6 meses, prevéndose o seu comezo para principios de abril.  

O bolseiro percibirá unha dotación bruta entre 600 e 1.400€/mes. No caso de que a duración sexa menor a catorce meses, poderá prorrogarse a bolsa.
Ultima actualización: 20-10-2020
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir