Bolsas e prácticas profesionais
Outros organismos públicos

INSTITUTO DE ASTROFÍSICA DE CANARIAS. BOLSAS DE PRÁCTICAS

O IAC publica anualmente unha convocatoria a nivel mundial de bolsas destinadas a mozos con titulación universitaria superior recente, preferentemente en Física (e ocasionalmente en Matemáticas ou Enxeñería).
Requisitos
  • 8 bolsas de verán están destinadas a estudantes universitarios de titulacións superiores ou máster, preferentemente de Física ou Matemáticas con orientación Astrofísica, que no momento da presentación de instancias tiveran superado, a lo menos, 180 créditos da titulación superior que presenten e ter unha nota media de 7,5.
  • 6 bolsas para a formación de recén titulados e estudantes dos últimos cursos universitarios de titulacións superiores de ciclo largo e de grao, preferentemente de Enxeñaría ou en Ciencias Físicas ou afín. A súa finalidade é a de formar a ditos estudantes ou recén licenciados no desenvolvemento tecnolóxico asociado á investigación astrofísica.
  • 2 contratos predoutorais para realizar unha tese doutoral no marco do “Programa Internacional de Becas de Doutorado “la Caixa”-Severo Ochoa - Astrofísicos Residentes del IAC. Está destinada a titulados superiores, preferentemente en Física ou Matemáticas, que estean en condicións de obter a admisión ó programa de doutorado de Astrofísica da Universidade da Laguna antes da súa incorporación ó IAC.
Lugar
Illas Canarias
Prazos de solicitude
No primeiro semestre do ano.
Proceso de selección
Máis información na páxina oficial do IAC: https://www.iac.es/es/ensenanza-superior/becas
Duración e contía
Estas bolsas son renovables anualmente ata un máximo de 4 anos. No caso da obtención do título en menos tempo, contémplase a renovación coma un contrato laboral.
Ultima actualización: 20-10-2020
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir