O
Instituto Nacional de Estatística (INE), convoca 15 bolsas coa finalidade de
fomentar e promover a investigación estatística, así como o desenvolvemento e
implantación de procesos estatísticos, mediante a formación de posgraduados.
Requisitos
- Ter a nacionalidade española, ou dun Estado membro da
UE e ser residente en España no momento de iniciar o desfrute da bolsa.
- Estar en posesión do título de licenciado, enxeñeiro ou
arquitecto, ou de grao, obtido durante os últimos tres anos anteriores a data
da publicación.
- Non ser beneficiario con anterioridade dunha bolsa
concedida polo INE para o mesmo fin.
- Estar ao día de acordo coas obligación tributarias e coa Seguridade Social ns termos previstos na normativa vixente.
- Non incurrir en prohibicións de acordo ao artigo 13.2 da Ley 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
Lugar
Nos Servizos Centrais do INE en Madrid.
Prazos de solicitude
A
convocatoria publícase durante o segundo semestre do ano.
O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles dende o día seguinte ao da publicación no BOE.
Proceso de selección
Teranse en conta os coñecementos de
idiomas (inglés, francés ou alemán) e de informática, así como a formación ou
experiencia profesional en actividades estatísticas.
Para
máis información, consulta o seguinte enlace.
Duración e contía
O
período de duración da bolsa é de 12 meses, prorrogables por períodos
similares ata un máximo de 24 meses.
A remuneración mensual da bolsa ascende
a 898,43€.