Bolsas e prácticas profesionais
Outros organismos públicos

INSTITUTO XEOGRÁFICO NACIONAL (IXN).BOLSAS DE FORMACIÓN

Convocatoria de bolsas para formación nos eidos da astronomía, a xeodesia, a xeofísica, a cartografía e a xeomática.
Requisitos
  • Ter a nacionalidade dun Estado membro da UE ou do Espazo Económico Europeo.
  • Estar en posesión do título de grao, licenciatura, enxeñaría ou arquitecto.
  • Ter finalizado os estudos e estar en condicións de obter o correspondente título nos 4 anos inmediatamente anteriores a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
  • Non estar incapacitado fisicamente ou padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade formativa que constitua o obxecto da beca. 
  • Non incurrir en ningún dos supostos do artigo 13.2 da Ley 38/2013, de 17 de novembro, xeral de subvencións.
  • Non ter disfrutado anteriormente dunha bolsa de INTRA ni ter relaciós laborais ou administrativas previas con Instituto. 
Lugar
Nos centros de formación: sede central do IXN, Real Observatorio Astronómico de Madrid e observatorio de Yebes (Guadalajara).
Prazos de solicitude
Primeiro semestre do ano.
Proceso de selección
Unha Comisión de valoración será a encargada de comunicar o resultado ao director do IXN.

Para máis información: http://www.ign.es/web/ign/portal/ic-becas

Duración e contía
A duración é de 12 meses prorrogables por períodos de 12 meses ata un máximo de 36 meses.

A contía mensual é de 1.100€.
Ultima actualización: 20-10-2020
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir