Bolsas e prácticas profesionais
Outros organismos públicos

SISTEMA UNIVERSITARIO GALEGO. PROGRAMA ERASMUS+ PRÁCTICAS PROFESIONAIS

O programa europeo de Erasmus+ ten por obxecto facilita-la realización dun período de prácticas en empresas e organismos públicos dos seguintes países: Dinamarca, Finlandia, Irlanda, Islandia, Liechtenstein, Luxemburgo, Noruega, Reino Unido, Suecia, Alemaña, Austria, Bélxica, Chipre, Francia, Grecia, Italia, Malta, Países Baixos, Portugal, República de Macedonia do Norte, Bulgaria, Croacia, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Hungría, Letonia, Lituania, Polonia, República Checa, Rumanía, Serbia e Turquía.
Requisitos
  • Posuír a nacionalidade dun país da UE.
  • Estar matriculado como estudante de grao, máster, licenciatura, enxeñería ou diplomatura e ter superado polo menos un 50% dos créditos.
  • Non exceder o máximo de 12 meses de axudas de mobilidade no mesmo ciclo de estudos.
  • Nivel B1 no idioma de destino ou superior no caso de que o requira a entidade.
  • Contar cun acordo de formación cunha entidade válida.
Lugar
Estados membros da Unión Europea.
Prazos de solicitude
Santiago: A convocatoria abre no primeiro trimestre e permanece aberta ate esgotar os fondos ou ate ou 30 de xuño.
https://www.usc.es

Coruña: A convocatoria abre no primeiro trimestre e permanece aberta ate esgotar os fondos ou ate ou 30 de maio.
http://www.udc.gal

Vigo: A convocatoria abre no primeiro semestre do ano e permanece aberta ate esgotar os fondos ou ate o 31 de marzo.
https://www.uvigo.es 
Proceso de selección
No proceso de selección valorarase o expediente académico, o nivel de idiomas e a calidade da carta de motivación e o plan de traballo. Tamén se terá en conta a orde de chegada das solicitudes.
Duración e contía
A contía da bolsa é de 300-400 euros ao mes, segundo o país de destino.

O número máximo de meses de estadía financiados é de 3. A estadía pode prolongarse ate 12 meses pero sen financiamento.
Ultima actualización: 20-10-2020
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir