Bolsas e prácticas profesionais
Outros organismos públicos

SISTEMA UNIVERSITARIO GALEGO. PROGRAMA FARO PRÁCTICAS PROFESIONAIS

O programa europeo FARO ten por obxecto facilitar a realización dun período de prácticas en empresas no ámbito internacional. 
Requisitos
  • Estudantes españois e estranxeiros menores de 30 anos.
  • Estar matriculado como estudante de Grao, Máster, Licenciatura, Enxeñería ou Arquitectura e ter superado polo menos un 70% dos créditos.
  • Non ter sido beneficiario dunha bolsa de mobilidade para a mesma finalidade.
  • Cumprir cos requisitos de entrada e permanencia no país de destino.
Lugar
Diversos países.
Prazos de solicitude
A convocatoria permanecerá aberta até o 2017, pero o proceso de inscrición realízase segundo estipule o Ministerio de Educación. Na convocatoria 2015 levouse a cabo no segundo trimestre do ano.
Proceso de selección
No proceso de selección valorarase o expediente académico, o curriculum vitae, o nivel de idioma requirido e outros requisitos establecidos pola empresa.

Para máis información, consulta o seguinte enlace.
Duración e contía
A contía da bolsa é de entre 400-1200 euros ao mes, segundo o país de destino.  

 A duración da estancia é de entre 5 e 8 meses.
Ultima actualización: 20-10-2020
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir