Bolsas e prácticas profesionais
Outros organismos públicos

TRIBUNAL CONSTITUCIONAL. BOLSAS DE FORMACIÓN EN BIBLIOTECONOMÍA E DOCUMENTACIÓN

A bolsa ten por obxecto a formación teórico-práctica en tarefas relacionadas co estudo e co tratamento bibliográfico das monografías e das publicacións periódicas da biblioteca do Tribunal Constitucional.
Requisitos
  • Estar en posesión do titulo de Licenciado ou Graduado en Biblioteconomía e Documentación ou un título doutro país que acredite unha formación equivalente.
  • Ter rematado os estudos para a obtención do título universitario con posterioridade ao 1 de xaneiro do 2012.
  • Valoraranse tamén o expediente académico, a experiencia profesional, a formación específica na materia e coñecementos de informática e francés, inglés e alemán.
Lugar
Na sede do Tribunal Constitucional.
Prazos de solicitude
Segundo semestre do ano.

En 2020, a convocatoria finaliza no mes de novembro. 
Proceso de selección
Consta dunha fase de valoración dos méritos dos candidatos e unha segunda fase de entrevista persoal.

Para máis información, consulta o seguinte enlace.
Duración e contía
A duración máxima prevista é de 12 meses, con posibilidade de prórroga de ata un máximo de 12 meses, se fose conveniente para o programa de formación.

A contía mensual prevista é de 1.100€ mensuais brutos. 
Ultima actualización: 20-10-2020
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir