Bolsas e prácticas profesionais
Outros organismos públicos

TRIBUNAL CONSTITUCIONAL. BOLSAS DE FORMACIÓN EN INFORMÁTICA

Estas bolsas teñen por obxecto a formación teórico-práctica en tarefas relacionadas coa Informática propia do Tribunal Constitucional, en especial a relacionada coas tarefas xurisdicionais e de apoio informático.
Requisitos
  • Estar en posesión do titulo de Enxeñeiro Superior, Técnico ou Graduado en Informática ou un título doutro país equivalente.
  • Ter rematado os estudos para a obtención do título universitario con posterioridade ao 1 de xaneiro do 2012.
  • Posuír coñecementos de inglés correspondentes ao nivel B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as linguas.
  • Valoraranse tamén o expediente académico, a experiencia profesional, a formación específica na materia e coñecementos adicionais de idiomas.
Lugar
Na sede do Tribunal Constitucional.
Prazos de solicitude
Segundo semestre do ano.
Proceso de selección
Consta dunha fase de valoración dos méritos dos candidatos e unha segunda fase de entrevista persoal.  

Para máis información, consulta o seguinte 
enlace.
Duración e contía
A duración máxima prevista é de 12 meses, con posibilidade de prórroga de ata un máximo de 12 meses, se fose conveniente para o programa de formación.

A contía mensual prevista é de 1.100€ mensuais brutos.
Ultima actualización: 20-10-2020
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir