Bolsas e prácticas profesionais
Outros organismos públicos
O programa consiste na realización de prácticas industriais para estudantes da UE no Xapón.
Requisitos
  • Ser cidadán dun estado membro da UE.
  • Ser estudante dunha titulación de enxeñería ou de ciencias, a partir do cuarto ano, nunha universidade da UE.
  • Posuír un bo coñecemento de inglés.
Lugar
En empresas do Xapón.
Prazos de solicitude
A publicación da convocatoria realizase a finais/comezo do ano.

As prácticas desenvolveranse de setembro a agosto (12 meses).
Proceso de selección
O proceso de selección realizarase en base ao expediente académico, opinións dos profesores, aos coñecementos de inglés, a súa actitude fronte as relacións da UE co Xapón e á súa capacidade de adaptación.

Para máis información: https://www.eu-japan.eu/events/host-european-trainee-japan

Duración e contía
A duración total é de 12 meses, repartidos do seguinte modo: un seminario dunha semana no Xapón, un curso intensivo de xaponés (4 meses) e prácticas nunha empresa xaponesa (8 meses).  

A contía anual é de 1.900.000¥ (13.600€ aprox.).
Ultima actualización: 20-10-2020
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir