Traballar no exterior
Outros organismos internacionais

FONDO MONETARIO INTERNACIONAL (FMI)

O FMI naceu en 1944 buscando a estabilidade do sistema financeiro internacional. Traballar aquí ofrece a oportunidade de axudar a solventar problemas económicos de alta complexidade e gañar unha perspectiva global e tanxible.
Postos
O Fondo Monetario Internacional adoita empregar a titulados universitarios que reúnan os seguintes requisitos:
    
Economistas expertos:
  • Titulación (mestría ou doutoramento) en Ciencias Económicas ou similar.
  • Un mínimo de 5 anos de experiencia en cuestións de política económica nacional.
  • Experiencia nun banco central, ministerio ou institución financeira internacional.
  • Tamén se terán en conta a experiencia en consultoras e grupos de investigación.
  • Capacidade de discusión e nivel medio de inglés escrito.
  • Valorarase tamén o coñecemento doutras linguas, como francés, ruso, chinés, árabe ou español.
Programa de economistas:
  • Titulación universitaria nas áreas de macroeconomía, economía internacional, economía monetaria, finanzas públicas, emprego, pobreza ou economía Política.
  • Doutoramento (completo ou en curso), mestría ou experiencia relevante.
  • Ter menos de 34 anos.
  • Bo expediente académico.
  • Bo nivel de inglés e informática.
  • Ter interese no traballo das organizacións internacionais.
Tamén hai ofertas noutros campos, para asistencias técnicas e investigación.
Lugar
Os postos de traballo desenvolvense en Washington DC con posibilidades de participar en proxectos máis tanxibles.
Prazos de solicitude
Proceso de selección
Na web publícanse as vacantes. O interesado manda o seu CV que é analizado polos expertos do FMI. Se pasa o primeiro control é chamado para ser entrevistado e facer unha revisión do seu perfil. 
Ultima actualización: 07-06-2018
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir