Traballar no exterior
Outros organismos internacionais
A Organización das Nacións Unidas é unha organización internacional creada trala Segunda Guerra Mundial para ser un foro intergubernamental onde estivesen representados todos os países do planeta.
Postos
As vacantes publícanse en francés e inglés, idiomas de traballo da Secretaría e nos que se haberán de presentar as solicitudes.
Á parte das prácticas, existen numerosas saídas laborais nas Nacións Unidas. A Secretaría das Nacións Unidas ten unha necesidade constante de persoal competente e implicado, de diversas partes do mundo, con especialización en diversas disciplinas.
Convídase aos candidatos interesados a que presenten as súas solicitudes en liña para as vacantes que se axeiten á súa experiencia e cualificacións.
Lugar
Distintas sedes da ONU e en distintos Fondos, Programas, Organismos Especializados e Organismos Subsidiarios. 
Prazos de solicitude
Proceso de selección
Entrevista baseada nas capacidades e competencias do candidato para o posto que solicita e na que se avaliarán os seus coñecementos e a aplicación práctica dos mesmos. 
Ultima actualización: 20-02-2019
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir