Traballar no exterior
Outros organismos internacionais

ORGANIZACIÓN PARA A COOPERACIÓN E O DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO (OCDE)

A OCDE é un organismo de cooperación internacional fundada en 1960 e composta por 34 Estados para coordinar as súas políticas económicas e sociais.
Postos
A OCDE lanza periodicamente ofertas de emprego. Aqueles interesados en traballar para a OCDE deberán ter:
  • Nacionalidade dun estado membro da OCDE.
  • Un diploma universitario.
  • Capacidade de análise e interese na comprensión dos asuntos políticos dentro do seu contexto.
  • Excelente coñecemento do inglés ou do francés (as linguas oficiais da organización) con boa capacidade de redacción nunha e bos coñecementos da outra. Teranse en conta outras capacidades lingüísticas.
  • Un mínimo de 3 anos de experiencia laboral relevante.
  • Habilidade para a xestión. Capacidade de traballo nun equipo multicultural.
  • Bo nivel de informática.
Lugar
Normalmente na Sede Central de París ou en distintas sedes nacionais alí onde se publiquen ofertas.
Prazos de solicitude
Para máis información: http://www.oecd.org/hrm
Proceso de selección
As ofertas de emprego publícanse na páxina web unha vez á semana e permanecen activas durante un mes:
Só se aceptan candidaturas online, e o proceso de selección consta de entrevistas e tests adaptados ós coñecementos necesarios para desenvolver o teu traballo de xeito satisfactorio (casos prácticos normalmente).
Ultima actualización: 07-06-2018
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir