Traballar no exterior
Traballar nas Institucións da UE
Os Axentes Contractuais (CAST) son traballadores temporais contratados para prestar servizos de apoio manual ou administrativo, ou para proporcionar unha capacidade adicional cando non se dispón do número suficiente de funcionarios coas cualificacións requiridas. Traballan por unha duración determinada máxima de tres ou cinco anos, dependendo do destino, prorrogables por un período igual. Habitualmente comezan cun contrato inicial máis breve de 6-12 meses, segundo o tipo de traballo, e nalgúns organismos poden chegar a ser contratados indefinidamente.
Postos
Para ser seleccionado como Axente Contractual requírese unha determinada titulación segundo o Grupo de Funcións. Existen 4 grupos de funcións posibles: 

Grupo I: Tarefas auxiliares manuais e administrativas.
Grupo II: Tarefas de oficina e secretaría, de xestión administrativa, etc. 
Grupo III: Tarefas técnicas de execución, redacción, contabilidade, etc. 
Grupo IV: Tarefas de administración, asesoramento, tradución, etc.
Lugar
Institucións, axencias e organismos da Unión Europea.
Prazos de solicitude
Para máis información:  http://europa.eu/epso/index_es.htm
Proceso de selección
Para poder ser un Axente Contractual debe superarse o correspondente proceso de selección convocado pola EPSO.

Cuxo proceso consta de dúas fases con tests de razonamiento o examinación de CV (dependiendo del perfil) seguido por un test de competencia:
  • Para perfiles xeralistas, tests de razonamiento numérico, verbal e abstracto.
  • Para perfiles especialistas, o proceso comeza cunha criba de CV sobre cualificacións específicas.
  • O test de competencias pode ser escrito, oral ou cualquer outro tipo de test práctico no campo.
Ultima actualización: 07-06-2018
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir