Traballar no exterior
Traballar nas Institucións da UE
Os funcionarios da UE desempeñan un posto de traballo permanente nalgunha das súas institucións, órganos ou organismos. O acceso á condición de funcionario europeo realízase unha vez superados os procesos de selección que organiza a Oficina de Selección do Persoal das Comunidades Europeas (EPSO), publicados na súa web e no Diario Oficial da Unión Europea (DOUE).
Postos
En cada convocatoria determínase o eido funcional de actividade que corresponderá aos candidatos así como os requisitos de participación. De acordo co vixente estatuto, existen tres categorías principais de funcionarios: Administradores, Asistentes e Asistentes-Secretarios, cun sistema de carreira de 16 niveis (grados).
  • Administradores (AD): son titulados universitarios, que se dedican polo xeral á elaboración de políticas e aplicación da lexislación da UE, tarefas de análise e asesoramento. O acceso á función pública realízase en dous niveis; o AD-5, que non esixe experiencia laboral, e os AD-6 AD-7, que esixe unha experiencia profesional de tres e seis anos, respectivamente.
  • Asistentes (AST): desempeñan tarefas de apoio: secretaría, tarefas administrativas e contables, comunicación, desenvolvemento e aplicación de medidas, etc. Dependendo da categoría requírese ter estudos de bacharelato ou FP de grao medio e a experiencia profesional suficiente.
  • Asistentes -Secretarios (AST/SC): desempeñan tarefas de xestión de oficina e apoio administrativo  necesitan dispoñer dun título de ensino secundario, experiencia adecuada ou cualificación profesional pertinente.
Lugar
Institucións, axencias e organismos da UE.
Prazos de solicitude
  • AD: soen convocarse na primavera de cada ano, e desenvolvense durante o verán e outono.
  • AST e AST/AC: soen convocarse na no inverno de cada ano, desenvolvéndose durante a primavera e verán do ano seguinte.
Para máis información:  http://europa.eu/epso/index_es.htm
Proceso de selección
No caso de superar todas as fases do proceso de selección, o candidato é incluído nunha lista de reserva a partir da cal se procederá ás futuras contratacións, sen que o feito de estar na lista implique ningún dereito á súa contratación.
Ultima actualización: 07-06-2018
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir