Bolsas e prácticas profesionais
Organismos e Organizacións internacionais

FONDO MONETARIO INTERNACIONAL (FMI). PROGRAMA DE PRÁCTICAS

O programa de prácticas do FMI ofrece sobre 50 prazas a estudantes prometedores que cursan estudos de macroeconomía ou campos relacionados, coa fin de acadar unha maior comprensión do traballo do FMI.
Requisitos
  • Estar próximo a finalizar o terceiro ciclo no ámbito da macroeconomía, do dereito ou eidos relativos.
  • Estar cursando estudos universitarios.
  • Ser menor de 32 anos no caso do doutorado e menor de 28 anos antes do comezo das prácticas no caso do máster.
  • Ter un bo nivel de inglés e coñecementos informáticos.
  • Estar estudando un doutorado ou, no seu caso, un programa de máster.
Lugar
Sede do FMI (Washington DC, Estados Unidos).
Prazos de solicitude
A solicitude faise en liña entre decembro e xaneiro do ano do período de prácticas desexado, que será realizado entre os meses de xuño e outubro.
Proceso de selección
Os mellores candidatos son presentados aos departamentos que escollen segundo as súas necesidades os perfís máis axeitados.  

Máis información en: http://www.imf.org

Duración e contía
Durante un período de 10 a 12 semanas os estudantes traballan baixo a supervisión dun experto economista no desenvolvemento dun proxecto de investigación e preparación dun traballo. Neste período os bolseiros reciben un salario similar ao do persoal do FMI.
Ultima actualización: 16-10-2020
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir