Aprendizaxe de idiomas
Aprendizaxe de idiomas

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA. BOLSAS DE IDIOMAS DA XUNTA DE GALICIA

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia convoca anualmente unha liña de axudas para facer cursos de idiomas no estranxeiro.
Requisitos
  • Estar matriculado no curso 2017/18, como mínimo en 50 créditos, en calquera das universidades do Sistema universitario de Galicia, en estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao, e ter superado 60 créditos con anterioridade á data de publicación da orde na titulación que está a realizar. O alumnado que estea matriculado no traballo fin de grao poderá incluír os créditos que lle correspondan dentro do mínimo dos 50 créditos exixidos.
  • O curso de idiomas debe ter unha duración mínima de tres semanas, excluíndo as datas da viaxe, e un mínimo de 15 horas lectivas semanais. O idioma que se desexe cursar deberá corresponderse co idioma oficial do país elixido. 
  • Non ser beneficiario da bolsa en convocatorias anteriores
Lugar
Nun Estado membro da UE.
Prazos de solicitude
O prazo de presentación de solicitudes é dun mes a partir da publicación da convocatoria no DOG, que soe ter lugar no primeiro trimestre no ano.
Proceso de selección
A selección faise en base á nota media do expediente académico.  
Máis información en:  
 http://www.edu.xunta.es/web/
Duración e contía
As actividades para as que se solicita a axuda terán que ser realizadas no período comprendido, exclusivamente, entre o 15 de xuño e o 31 de agosto de 2018, ambos inclusive. A dotación económica asignada a cada persoa beneficiaria será dun máximo de 1.000 euros.
Ultima actualización: 04-06-2018
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir