Bolsas e prácticas profesionais
Outros organismos públicos

FUNDACIÓN SEPI-ICO. BOLSAS DE PRÁCTICAS

A Fundación SEPI (Sociedade Estatal de Participacións Industriais), en colaboración co Instituto de Crédito Oficial, convoca bolsas co obxectivo de posibilitar un período de formación práctica.
Requisitos
  • Ser cidadán dun Estado membro da UE.
  • Nacer con posterioridade ao 31.12.1990.
  • Obter un título requerido durante os catro anos anteriores ao ano do proceso en curso.
  • Estar en posesión dalgún dos títulos incluídos na convocatoria.
  • No ser beneficiario dalgún programa de bolsas da Fundación con anterioridade.
  • Nivel medio-alto de inglés.
  • Nivel usuario de informática.
Lugar
Na sede do ICO (Madrid). 
Prazos de solicitude
Durante o primeiro semestre do ano.

O prazo para a convocatoria do ano 2018 rematou o 12 de febrero de 2018.

Proceso de selección
O proceso de selección estará a cargo dun xurado composto por representantes do ICO e da SEPI. 

Consiste nunha fase de preselección e nunha entrevista.

Para máis información: https://www.fundacionsepi.es
Duración e contía
A duración total é de 6 meses, podendo ser prorrogados por outros dous períodos de 6 meses.

O bolseiro recibirá unha asignación de 700 euros ao mes. No caso de prórroga a asignación será de 850 euros ao mes.
Ultima actualización: 20-10-2020
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir