Bolsas e prácticas profesionais
Organismos e Organizacións internacionais

NACIÓNS UNIDAS – AECID. PROGRAMA DE MOZOS PROFESIONAIS

O programa de Mozos Profesionais en Prácticas (ou JPO, do inglés "Junior Professional Officers") ampárase en acordos específicos contraídos por España con diversos organismos multilaterais: co Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD), co Fondo das Nacións Unidas para a Infancia (UNICEF), co Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados (ACNUR) e co programa Mundial de Alimentos (PMA).
É un programa dirixido a mozos profesionais con titulación universitaria superior que estean interesados en iniciar unha carreira profesional dentro do sistema das Nacións Unidas.
Requisitos
  • Non ter máis de 32 anos na data de peche da convocatoria.
  • Ter un título de máster ou equivalente, preferentemente nas áreas de economía, ciencias sociais, xestión e, en xeral, nas disciplinas relacionadas coa cooperación ao desenvolvemento.
  • Ter, como mínimo, un ano de experiencia profesional remunerada nun eido relevante, preferiblemente nun país en desenvolvemento.  
  • Valoraranse especialmente os títulos, diplomas ou coñecementos adicionais sobre materias relativas á cooperación, así como a experiencia de traballo nestes países.
  • Dominio excelente de dúas das seguientes linguas: Inglés, Francés e Español. Valorarase tamén o coñecemento doutros idiomas útiles para o exercicio da actividade (ruso, portugués, árabe).
  • Compromiso coa realización do traballo, tanto individual coma en equipo. Capacidade para a programación de actividades e claridade na expresión de ideas.
  • Adaptación ao medio, tanto física como profesionalmente, e flexibilidade para traballar con persoas de diferentes países, linguas e culturas.
  • Bos coñecementos de informática.
Postos
  • ILO. Oficial de políticas e Información para o o Traballo Infantil. RO-LAC/ IPEC. Lima, Perú.
  • UNEP. Oficial de programa Junior. PEI. DEPI. Panamá, Panamá.
  • UNICEF. Oficina do Director executivo. Nova York, USA.
  • UNICEF. Oficial de salud y nutrición. LACRO. Panamá, Panamá.
  • OCHA. Experto Asociado en asuntos humanitarios. Xinebra, Suiza.
  • UNISDR. Oficial de Enlace. Nova York, USA.
Lugar
Ofrécese a oportunidade de adquirir experiencia profesional no deseño, supervisión, execución e avaliación de proxectos de cooperación impulsados e xestionados polas oficinas rexionais ou locais do organismo internacional contratante.

Ocasionalmente, as prazas poden estar localizadas nas propias sedes centrais.
Prazos de solicitude
A convocatoria realízase xeralmente no primeiro trimestre do ano.    


Proceso de selección
Os candidatos son preseleccionados pola Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID). Posteriormente, os servizos de recrutamento do PNUD ou doutro organismo internacional efectúan conxuntamente coa AECID a selección definitiva dos aspirantes, mediante entrevista persoal e en función das características das prazas que se desexa cubrir.

Máis información no seguinte enlace.
Duración e contía
Contrato dun ano de duración prorrogable a outro.

O salario correspóndese co do persoal profesional ao servizo das Nacións Unidas, arredor dos 2.600/3.000€ mensuais, pero pode experimentar variacións segundo o custo de vida no país de destino.
Ultima actualización: 16-10-2020
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir