Bolsas de estudo
Bolsas de estudo

FUNDACIÓN PEDRO BARRIÉ DE LA MAZA E FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA. BOLSAS HIGH SCHOOL

 A Fundación Pedro Barrié de la Maza e a Fundación Amancio Ortega convocan anualmente bolsas para que os alumnos e alumnas de 4º da ESO poidan realizar os seus estudos nun instituto de Estados Unidos.  
Requisitos
  • Requisitos: estar cursando a educación secundaria nun centro galego e obter en 3º da ESO unha nota media mínima maior a 7,5 e unha nota mínima en inglés de 7.
  • As Bolsas High School inclúen a formación nas fases previas á saída, os traslados e a convalidación dos estudos realizados no estranxeiro; ademais, achegan unha pequena cantidade para gastos menores.
Lugar
Estados Unidos.
Prazos de solicitude
Normalmente nos meses de outubro e novembro.
Proceso de selección
As solicitudes presentadas valoraranse segundo o expediente académico e as circunstancias familiares. Ademais, deberase realizar unha proba específica de inglés e unha entrevista persoal.
Para máis información:  
http://www.becashighschool.org/?q=guia

Ultima actualización: 20-02-2019
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir