Bolsas e prácticas profesionais
Institucións e Organismos da Unión Europea

CENTRO COMÚN DE INVESTIGACIÓN (JRC). BOLSAS DE PRÁCTICAS CIENTÍFICAS

O Centro Común de Investigación, que é unha Dirección Xeral da Comisión Europea, convoca, ao longo do ano, bolsas de prácticas científicas remuneradas (de temática relacionada coa actividade da institución) para titulados universitarios, estudantes de posgrao ou prácticas incluídas no plan de estudos.
Requisitos
  • Ser nacional dun Estado membro da Unión Europea ou dun dos países asociados ao Programa. Posuír unha titulación universitaria superior.
  • Dominio de polo menos dous idiomas da UE, un debe de ser o francés, o inglés ou o alemán.
  • O nivel do segundo idioma debe de ser como mínimo B2.
  • Dependendo do perfil concreto, pódense establecer requisitos adicionais aos candidatos.
Lugar
Nas diferentes sedes do Centro Común de Investigación da UE.
Prazos de solicitude
Vanse convocando os perfís concretos demandados ao longo do ano.
Proceso de selección
No proceso de selección valorarase o expediente académico e o coñecemento de idiomas.  

Para máis información preme aquí.

Duración e contía
A duración oscila entre tres e cinco meses, e a contía varía segundo períodos e en función da distancia entre o domicilio do bolseiro e o centro de traballo.
Ultima actualización: 15-10-2020
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir